Magin Blanco. O camiño da luz repasa a traxectoria deste músico

Carlos Rego asina a biografía que publica Edicións Embora

O Centro Cultural Avenida, da Rúa, acolle na tarde deste 17 de xaneiro a presentación de Magín Blanco. O camiño da luz. Carlos Negro asina a primeira biografía deste recoñecido músico, nado na localidade. A obra de Edicións Embora percorre a traxectoria profesional e persoal de Blanco desde os seus primeiros pasos nos anos oitenta con grupos como La Rosa ata o seu actual éxito no campo da música para público familiar.

O volume, que vai acompañado dun CD recompilatorio "recolle o relato da existencia de Magín Blanco en pequenos refachos e o do seu periplo musical con todo detalle. Axúdanos o autor a comprender un pouco mellor as condicións nas que Magín crea e converte en marabillas poéticas de gran calado emocional as súas composicións a partir da materia prima que o rodea", segundo explica a editora. O lanzamento continúa a tendencia recente de obras sobre o panorama musical do país, como a biografía de Guadi Galego ou o monumental Unha historia da música en Galicia. 1952-2018 de Fernando Fernández Rego.